domingo, 16 de febreiro de 2014

HOMENAXE A MIRO CASABELLA








"A traxectoria artísica de Miro Casabella como compositor e cantante está estreitamente vencellada ao movemento da Nova Canción Galega e á historia contemporánea de Galicia. Dende a súa intensa etapa con Voces Ceibes, a finais da década de 1960, ata a súa participación no grupo Doa e logo o regreso en solitario despois duns anos de silencio, Miro Casabella puxo música e voz á poesía galega medieval e aos poetas galegos contemporáneos. Comprometido co país, coa cultura e co idioma galego, algunhas das súas cancións son xa himnos, símbolos dun tempo"

( Da contraportada do libro de Xan Fraga "Miro Casabella e a nova canción galega" ( Editorial Galaxia, Vigo, 2008 ).


2 comentarios:

  1. ... ilusionados e satisfeitos, andamos a artellar unha merecida homenaxe á ¡VOZ! testemuñal-popular máis importante que paríu Galiza. Son moitos os anos que leva, o meu admirado Miro, montando o lombo dun cabalo defensor do POBO e A LIBERDADE. (Arturo Mogo)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. NÓS, GALIZA
      Foi nos antigos estudos de Radio Valadouro –na Casa do Concello- onde vin por vez primeira un disco de Miro Casabella, tratábase de Ti, Galiza. Confío en que na actualidade se atope arquivado nos actuais estudos radiofónicos -na Casa da Cultura “Manuel Lourenzo”-, arestora soidosos e silandeiros.
      Pareceume ben fermoso e rotundo aquel título, por cuestións lingüísticas, por motivos sociais, por circunstancias históricas, e porque sempre é bo momento para falarlle á Nación.
      Coido que non é preciso enumerar as achegas de Miro Casabella á nosa Cultura, e conscientemente emprego o termo Cultura e non un lacónico “eido musical”, pois que non sería de xustiza restrinxir os méritos deste valeco universal. Mais coido que é preciso salientalas.
      A obra de Casabella representa para a Cultura galega tanto –se non máis, polo desleixamento sociopolítico de noso- como a obra de Lluís Llach, de Raimon ou de Maria del Mar Bonet para a Cultura catalá. Non é o traballo do músico valadourés menos significativo para a nosa Cultura có achegado por Mikel Laboa, Benito Lertxundi, Xabier Lete ou Lourdes Iriondo á Cultura vasca.
      As semellanzas desdébuxanse se seguimos profundando na análise comparativa, debido aos distintos graos de interese das respectivas institucións e entidades culturais en preservar e espallar o patrimonio autóctono, mais en ningún caso é culpa do artista en cuestión.
      Exaxero se afirmo que Miro Casabella é o noso Zeca?
      O feito de que tras O meu país non desfilase unha riola de mudanzas como disciplinadamente xurdiron no país irmán aconchegadas a Grândola, Vila Morena hai corenta anos, só denota unhas acidia social que cómpre esconxurar, mais non desmerece ren o propósito daquel proxecto patriótico con feitío de canción artellado por Xoán Manuel Casado e o propio Casabella, peza que conserva a vixencia toda na mensaxe e máis nas causas.
      Lionel Rexes

      Eliminar